Estatística e investigación de causas
No desenvolvemento das tarefas de investigación é importante levar conta dunha estatística de lumes desenvolvidos en distintas parroquias e durante un ciclo de tempo. Deste xeito pódense observar posibles tendencias de aumento e disminución de lumes segundo a zona, a época do ano e outros factores como a meteoroloxía.Tamén se pode valorar si o aumento o disminución de lumes ocurre só nun distrito ou é algo que aconteceu en varios distritos a un tempo.
No seguinte vídeo poden verse os cambios de tendenza de dous distritos galegos, o VIII e o XVIII dende o ano 2007 ao ano 2012. Os datos están extraídos da web do IGE.
| ANO | Distrito XVIII - Vigo-Baixo Miño | Distrito VIII- Terra de Lemos |
| 2007 | 259 | 85 |
| 2008 | 126 | 66 |
| 2009 | 261 | 122 |
| 2010 | 355 | 117 |
| 2011 | 366 | 238 |
| 2012 | 287 | 136 |
Tamén é interesante ver os cambios anuais neste gráfico radial, fíxate que se o debuxo ten a mesma forma indica unha tendencia similar, case "proporcional"